SLIDER

lunes, 5 de marzo de 2012

Ruptura do glaciar Perito Moreno (Arxentina)


O glaciar Perito Moreno, no sur de Arxentina, completou a súa estrondosa ruptura este luns despois de que se comezasen a rexistrar filtracións dende o pasado mércores.

A ruptura do dique de xeo que separa o brazo Rico e a Canle dos Carambelos do Lago Arxentino produciuse esta madrugada, ás 4 da mañá hora local, cando case non quedaba ningún dos miles de turistas que se achegaran a considerar o espectáculo.

Este proceso cíclico convoca periodicamente a miles de persoas nos miradoiros do Parque Nacional Los Glaciares, cunha media próxima a 3.000 persoas diarias, pero...ler máis
Ao picar en "ler máis" poderedes ver un vídeo do momento da ruptura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario