Nova aportada polo alumno David Correa (4º B - ESO).
Os fósiles, dunha antigüidade de entre 14 mil 500 e 11 mil 500 anos, son de homes que conviviron con seres humanos modernos (Homo sapiens) nunha época na que a agricultura estaba nos seus inicios en China.
Ata agora non foran achados no leste do continente asiático fósiles humanos de menos de 100 mil anos de antigüidade que se diferenciasen fisicamente do Homo sapiens actual.
Este feito levara aos científicos a pensar que na zona non había antecesores do Homo sapiens cando apareceron os primeiros restos dos homes modernos, unha teoría que este último descubrimento pon en dúbida.
Os científicos denominan estes homes "pobo dos cervos vermellos" porque cazaban a este tipo de animal -hoxe extinto- e cociñábanos na cova de Maludong.
"O descubrimento do pobo dos cervos vermellos abre un novo capítulo na historia da evolución humana e é unha historia que só agora está empezando a contarse", afirmaron os descubridores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario