Fai dous millóns e medio de anos, os nosos antepasados homínidos na sabana africana comezaron a romper rochas en fragmentos para rebandar unha gacela morta, unha cebra ou outro animal de caza.
Durante os seguintes 700.000 anos, esta tecnoloxía de matanza estendeuse por todo o continente e, segundo unha nova investigación da Universidade de California, Berkeley, e as británicas universidades de Liverpool e St. Andrews, converteuse nunha importante forza para a evolución humana. O que os investigadores creen é que a nosa capacidade para comunicar e ensinar veu da man do desenvolvemento destas ferramentas da Idade de Pedra, de forma que a cultura tamén influíu na nosa evolución e non só ao revés.
Para chegar a esta conclusión, os autores realizaron un curioso experimento con alumnos coma se se tratasen dos nosos antecesores primitivos. Explícano na revista Nature Communications.
O estudo fíxase nas ferramentas prehistóricas Olduvayenses, os dispositivos de corte máis antigos que se mantiveron practicamente sen cambios durante 700.000 anos ata que apareceron os máis sofisticados machados de man e coitelasachelenses.
O estudo fíxase nas ferramentas prehistóricas Olduvayenses, os dispositivos de corte máis antigos que se mantiveron practicamente sen cambios durante 700.000 anos ata que apareceron os máis sofisticados machados de man e coitelasachelenses.
Esta tecnoloxía foi practicada por algúns dos nosos primeiros antepasados, como o Homo habilis e o aínda máis antigoAustralopithecus garhi, que camiñaba como nós, pero cuxas características faciais e o tamaño do cerebro eran máis parecidos aos dos simios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario