A xigantesca balea de Groenlandia ou boreal pode vivir máis de 200 anos sen sufrir enfermidades relacionadas coa idade, incluído o cancro, mentres que o ser humano, cunha esperanza de vida notablemente máis corta e un número de células moito máis reducido, ten moitas máis probabilidades de padecer un mal dexenerativo ao tempo que vai sumando anos. Por que?
Un grupo de investigadores da Universidade de Liverpool, en Reino Unido, está máis preto de contestar a esta pregunta despois de secuenciar por primeira vez o xenoma completo desta especie de balea. Os científicos identificaron as principais diferenzas deste xenoma en comparación co doutros mamíferos e descubriron alteracións nos xenes da boreal relacionadas coa división celular, a reparación doADN, o cancro e o envellecemento. Estes cambios, explican os científicos na revista Cell, puideron axudar a aumentar a súa resistencia aos tumores e proporcionarlles unha vida longa e saudable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario