martes, 27 de enero de 2015
O lume que arde sen parar dende hai 5.500 anos
Burning Mountain, un outeiro preto de Wingen, en Nova Gales do Sur, Australia. A veta de carbón escondida baixo o terreo leva ardendo a chilindrada de 5.500 anos, o lume vivo máis antigo do mundo.
O famoso lume foi descuberto en 1828, cando un peón local viu fume saíndo do monte Wingen e creu que se trataba dun volcán activo. Non foi ata un ano despois que os xeólogos concluíron que se trataba dunha veta de carbón ardendo.
Durante os seguintes 70 anos, exploradores, xeólogos e outros científicos visitaron a zona. Os gases sulfurosos emitidos pola ventilación da queima explotáronse de forma comercial dende a década de 1890 á de 1960, para vender cremas e líquidos ricos en xofre de uso medicinal.
O lume móvese un metro cada ano, xeralmente en dirección sur, o que inflúe na paisaxe. Eucaliptos vermellos crecen ao longo das gretas de subsidencia e despois aparecen as árbores de té e os gomeiros grises. A combustión provocou a descoloración do chan e un terreo irregular.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario