viernes, 9 de enero de 2015
Un novo e potente antibiótico
Un estudo publicado no último número da revista Nature podería marcar un cambio de tendencia e abrir, no futuro, unha nova época de descubrimentos. O traballo non só dá conta do achado dun prometedor antimicrobiano -a teixobactina-, senón que mostra unha nova forma de buscar antimicrobianos efectivos. En concreto, este achado supón constatar os microorganismos non cultivables como fonte de novos fármacos antibióticos.
O equipo estadounidense que asina o estudo en Nature ideou un procedemento que é capaz de mergullarse con éxito nese aínda pouco coñecido mundo dos microorganismos non cultivables -polo menos nunha parte del- para buscar posibles antibióticos ocultos. O método, grazas a un dispositivo multicanle de membranas semipermeables, permite illar e posteriormente criar os microorganismos no seu propio ambiente natural e non cos medios que habitualmente se empregan no laboratorio.
Tras analizar uns 10.000 microorganismos procedentes de mostras do chan, os investigadores observaron que unha bacteria denominada Eleftheria terrae mostraba actividade fronte ao patóxeno Staphylococcus aureus. Estudándoa en profundidade, chegaron a illar un dos seus compostos, ao que chamaronteixobactina, e que, en experimentos posteriores, mostrou unha grande efectividade contra bacterias como o citado S. aureus,Mycobacterium tuberculose ou Clostridium difficile. O seu poder antibiótico era efectivo mesmo fronte ás cepas resistentes destes patóxenos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario