SLIDER

domingo, 25 de enero de 2015

O mellor vídeo da chegada a Titán

Hai agora dez anos, a sonda Huygens aterrou na lúa máis grande de Saturno, Titán. A NASA produciu un vídeo cos datos recollidos polas cámaras da nave Cassini e o radiómetro espectral do aterrizador Huygens.

O primeiro minuto mostra un zoom en imaxes de Titán dende as cámaras de Cassini, mentres que o resto da película mostra a vista dende Huygens durante as últimas horas do seu descenso histórico, e a aterraxe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario