SLIDER

viernes, 23 de enero de 2015

Unha técnica para fabricar transxénicos seguros


O que conseguiron de forma parecida dous grupos estadounidenses -das universidades de Harvard e Yale- é crear unha bacteria modificada xeneticamente, cuxos xenes só codifican para un aminoácido que non existe na natureza. Así, no hipotético caso de que esa bacteria -ou calquera outro OMG no que se reproducise o proceso- escapase ao control dos seus creadores sería incapaz de sobrevivir. Tamén de mesturarse con especies naturais similares porque, de feito e como subliña de Lorenzo, "é unha sorte de bacteria cyborg", na que por primeira vez se consegue un organismo vivo con calidades sintéticas.

A consecuencia inmediata deste cambio xenético, que eles levaron a cabo na bacteria Escherichia coli, é que o único xeito que ten este organismo de crecer é cando alguén lle subministra ese aminoácido que non existe de forma natural. Converteron a esta bacteria en dependente estrita dun suplemento dun aminoácido que non existe", subliña Casacuberta.

Manel Porcar, investigador do Institut Cavanilles de Biodiversitat e Bioloxía Evolutiva da Universidade de Valencia, utiliza unha metáfora clara para definir o achado: Crearon escravos metabólicos, resistentes a mutacións" e continúa: Lograron facer esta forma de vida incompatible coa vida tal e como se coñece, poderíase equiparar a unha suposta forma de vida alienígena na que unha pata é artificial".

No hay comentarios:

Publicar un comentario