SLIDER

jueves, 15 de enero de 2015

Os neurotransmisores

Os neurotransmisores son substancias químicas endóxenas que transmiten sinais desde unha neurona a unha célula diana por medio dunha sinapse
Os neurotransmisores están no interior de vesículas sinápticas acumuladas no terminal sináptico da neurona presináptica, e son liberados na fenda sináptica (o espazo entre as dúas células), onde se unen a receptores situados na membrana da célula postsináptica. 
A liberación dos neurotransmisores normalmente está causada pola chegada á membrana do terminal sináptico dun potencial de acción, pero pode tamén ser causado por potenciais eléctricos graduados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario