SLIDER

lunes, 19 de enero de 2015

Encontran unha nave desaparecida en Marte



O aterrizador Beagle-2, perdido en Marte en 2003 tras partir da nave Mars Express da ESA para unha aterraxe controlada, foi finalmente encontrado por unha nave da NASA.

Beagle-2, fabricado polo Reino Unido, foi liberado da súa nave matriz o 19 de decembro de 2003 e debía aterrar seis días despois. Pero nada máis se soubo do módulo de aterraxe despois da súa toma de contacto programada, e as buscas por Mars Express e a misión Mars Odyssey da NASA foron infrutuosas.

"Estamos moi contentos de saber que Beagle-2 aterrou en Marte. A dedicación dos diferentes equipos no estudo de imaxes de alta resolución co fin de encontrar o módulo de aterraxe é inspirador ", di Álvaro Giménez, Director de Ciencia e Exploración Robótica da ESA. "Non saber que pasou con Beagle-2 tíñanos desconcertados. Entender agora que realizou todo o camiño ata a superficie é unha excelente noticia ", engade Rudolf Schmidt, director do proxecto Mars Express da ESA naquel momento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario