Un equipo internacional de investigadores do Programa Internacional Geosfera-Biosfera (IGBP) e o Centro de Resiliencia de Estocolmo tivo en conta un conxunto de 24 indicadores globais, ao que chamaron «taboleiro planetario», para suxerir que en realidade o inicio do Antropoceno debe datarse a medidos do século XX. Entón produciuse unha «Grande Aceleración» na actividade humana que provocou cambios fundamentais no estado e o funcionamento da Terra que non poden atribuírse á variabilidade natural. Os resultados serán presentados no Foro Económico Mundial en Davos, Suíza, a finais deste mes.
«É difícil sobreestimar a magnitude e a velocidade do cambio. Nunha soa vida a humanidade converteuse nunha forza xeolóxica a escala planetaria», di o autor principal, Will Steffen, da Universidade Nacional de Australia e o Centro de Resiliencia de Estocolmo. No seu estudo, os investigadores trazaron un gráfico da actividade humana dende o comezo da revolución industrial en 1750 ao ano 2010, e dos cambios posteriores no sistema da Terra: os niveis de gases de efecto invernadoiro, a acidificación dos océanos, a deforestación e a deterioración da biodiversidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario