jueves, 26 de marzo de 2015
Achan en Australia o impacto de asteroide máis grande do mundo
Un equipo de xeofísicos encontrou no centro de Australia a área de impacto dun asteroide máis grande do mundo. Trátase dunha zona de máis de 400 km que deixou como recordo unha enorme rocha que se partiu en dous momentos antes de estrelarse contra a Terra hai millóns de anos.
O cráter de impacto desapareceu hai tempo, pero quedan as cicatrices xemelgas dos golpes ocultas na codia terrestre.
Os científicos cren que a revelación destes antigos impactos violentos pode conducir a novas teorías acerca da historia da Terra. «Os grandes impactos como estes puideron ter un papel moito máis significativo na evolución da Terra do que se pensaba», di Glikson.
A data exacta dos impactos aínda non está clara. As rochas dos arredores teñen de 300 a 600 millóns de anos, pero a evidencia deixada por outros impactos de meteoritos é insuficiente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario