SLIDER

martes, 24 de marzo de 2015

Cancro: que é? como se forma?


O cancro ou cáncer é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.

O cancro pode ter diversos síntomas e por veces é asintomático ata unha fase avanzada. A perda de peso rápida con falta de apetito está moitas veces asociada á neoplasia maligna. O diagnóstico só se pode comprobar pola análise de tecido recollido en biopsia pola anatomía patolóxica. Calquera masa anormal, sangradura urinaria, intestinal, ou natose é suxestiva e deberá ser examinada por un médico. As persoas de idade avanzada están en maior risco e deben ser examinadas regularmente.

Hoxe en día, un 40 % dos casos de cancro son curables ou permiten unha supervivencia prolongada. Con todo case todos os casos de bo prognóstico continúan a ser os de detección precoz: o cancro diagnosticado en fase avanzada aínda resulta case sempre na morte do paciente, con poucas excepcións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario