SLIDER

domingo, 15 de marzo de 2015

Un cómic galego para descubrir a terra


(descarga o cómic pinchando na imaxe)

En 2015 conmemórase o Ano Internacional dos Solos co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión sobre a importancia deste recurso non renovable para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas. 
O CSIC abre esta conmemoración coa presentación do cómic ‘Vivir en el suelo‘, a versión en castelán dun cómic galego, editado no ano 2000 polo Consello da Cultura Galega. Agora, vanse distribuir 6.000 exemplares en toda España, mentres que o Concello de Santiago financiou a reedición doutros 2.000 en galego.

O cómic, que se concibe como un recurso didáctico e divulgativo, busca a través de 20 páxinas e 60 viñetas concienciar acerca da problemática ambiental do solo e a necesidade da súa protección.  
Diríxese tanto ao público infantil coma ao público xeral e ao alumnado de todos os niveis educativos.

Na presentación de ‘Vivir en el suelo’ participaron, entre outros, o coordinador institucional do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, e a investigadora do CSIC e presidenta da Delegación da SECS en Galicia, Montserrat Díaz Raviña. En representación dos autores interviñeron a catedrática María Pilar Jiménez Aleixandre e Francisco Díaz Fierros, por parte do Consello da Cultura Galega.

O CSIC e a Sociedade Española da Ciencia do Chan (SECS) promoveron a reedición deste cómic, que se publica no marco de ‘Cidade Ciencia‘, un proxecto de divulgación científica posto en marcha polo CSIC e pola Obra Social “la Caixa” en colaboración con máis de 30 localidades de toda España para achegar a actualidade científica e técnica á sociedade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario