Pi é a décimo sexta letra do alfabeto grego e unha das constantes matemáticas máis coñecidas: 3,14159265358979... Tanto é así que, dende hai 26 anos, se celebra o día de aproximación ao seu valor: o 14 de marzo, que en notación anglosaxona se escribe 3.14, á 1:59 h. Non obstante, este número é máis longo. Ata agora, os matemáticos conseguiron descifrar 10 billóns de decimais de pi. Aquí poden consultarse os 100.000 primeiros.
Este ano 2015, viviremos o instante do século. Ás 9 horas, 26 minutos e 53 segundos da mañá, será o día 3.14.15 9:26:53, a primeira vez dende que se celebra este día que se chega aos 9 decimais.
Durante a primavera de 1592, ás 6:53 con 58 segundos, expresouse en 12 díxitos, aínda que, probablemente, ninguén deu unha festa na súa honra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario