Observar o Sol sempre leva consigo serios riscos, pois a súa gran luminosidade pode danar os ollos.
Como regra xeral, nunca debe observarse o Sol directamente: nin a simple vista, nin con ningún aparato, nin con ningún filtro que non estea destinado a ese fin. Isto é así tanto para o Sol sen eclipsar, como para o Sol durante a eclipse.
Só se debe mirar ao Sol directamente se se dispón dun filtro homologado ou duns 'lentes de eclipse' que deben estar homologados pola Comunidade Europea para a observación solar (índice de opacidade 5 ou maior) e deben ser usados seguindo as instrucións imprimidas nelas. O Sol tamén pode ser observado sen perigo vendo a súa imaxe proxectada sobre algún tipo de pantalla situada á sombra. Por exemplo, a imaxe conseguida sobre unha parede ou un teito cun espelliño plano cuberto enteiramente cun papel ao que se recortou un burato de menos de 1 cm de diámetro. Non hai que observar a imaxe do Sol no espello, hai que mirar soamente a imaxe proxectada.
Se desexa obter máis información sobre esta eclipse, proporcionada polo Observatorio Astronómico Nacional (IGN), pode consultala neste enlace (Pica Aquí)
Se desexa obter máis información sobre esta eclipse, proporcionada polo Observatorio Astronómico Nacional (IGN), pode consultala neste enlace (Pica Aquí)
No hay comentarios:
Publicar un comentario