SLIDER

sábado, 14 de marzo de 2015

Ganímedes esconde un océano máis grande que todos os da Terra xuntos


O telescopio espacial Hubble da NASA obtivo a mellor evidencia ata agora da existencia dun océano salgado nas entrañas de Ganímedes, a maior lúa de Júpiter. Os investigadores cren que este océano subterráneo contén máis auga que toda a que existe na superficie da Terra.

Ganímedes é a lúa máis grande do noso Sistema Solar e a única lúa co seu propio campo magnético. O campo magnético causa as auroras, que son fitas de gas brillante e quente electrificado, en rexións que circundan os polos norte e sur da lúa. Debido a que Ganímedes está preto de Júpiter, tamén se ve influenciada polo campo magnético de Júpiter. Cando o campo magnético do planeta cambia, as auroras en Ganímedes tamén cambian, balanceándose adiante e atrás.

Os científicos sospeitaron por primeira vez que Ganímedes podía conter un océano na década dos 70. A misión Galileo da NASAmediu o campo magnético de Ganímedes en 2002, proporcionando a primeira evidencia que apoiaba esas sospeitas. Pero as súas observacións eran demasiado breves para detectar claramente o vaivén cíclico do campo magnético secundario do océano. As novas observacións realizáronse con luz ultravioleta e só puideron lograrse cun telescopio espacial moi por enriba da atmosfera terrestre, como o Hubble.

No hay comentarios:

Publicar un comentario