SLIDER

lunes, 30 de marzo de 2015

Descobren o organismo máis pequeno posible, nos límites da vida


É o organismo máis pequeno xamais estudado pola Ciencia. Tanto, que os investigadores están convencidos de que se trata da forma de vida máis simple e reducida que a Natureza é capaz de producir. Trátase dunha bacteria ultra pequena que foi fotografada por primeira vez a través dun microscopio electrónico por un equipo do Departamento de Enerxía do Lawrence Berkeley National Laboratory e a Universidade de California. 
A posibilidade de que existisen tales organismos, que moitos consideraban imposibles, leva debaténdose máis de dúas décadas, pero ata agora non existira a tecnoloxía capaz de detectalos.

O tamaño medio destas criaturas é de 0,009 microns cúbicos (un micron é a millonésima parte dun metro). Caberían 150 delas nunha única célula de Escherichia coli e máis de 150.000 na punta dun cabelo humano. A investigación publicouse en Nature Communications.

No hay comentarios:

Publicar un comentario