domingo, 8 de marzo de 2015
Eclipse solar do 20 de marzo
O 20 de marzo producirase unha eclipse solar total cunha magnitude de 1.045.
A maior duración da totalidade será de 2 minutos e 47 segundos fronte á costa das Illas Faeroe.
Ao final deste camiño, a sombra da Lúa afastásese da superficie da Terra (ao espazo) só na zona polar. E exactamente no día do equinoccio, cando o Sol está no horizonte e se levanta despois do semestre da noite polar.
A eclipse pódese ver dende Europa e en diferentes graos de parcialidade segundo a latitude. Dende Islandia e Escandinavia é practicamente total. E completamente total vese dende 90º de latitude norte, no polo norte. Deste modo dende o polo norte veríase a secuencia da eclipse en paralelo ao horizonte.
Esta eclipse total de Sol non só se produce no equinoccio senón que tamén é inmediatamente anterior a unha eclipse total de Lúa que acontece 15 días despois, a Eclipse lunar de abril de 2015.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario