Isto é debido a que os glóbulos vermellos dunha persoa de grupo O non teñen na súa membrana ningunha das dúas proteínas, polo que non poden espertar reacción defensiva ningunha noutra persoa.
No grupo AB, considerado como receptor, acontece o mesmo. É dicir, alguén de grupo AB pode recibir sangue dunha persoa de calquera outro grupo, polo que recibe o nome de "receptor universal".
Isto é debido a que os glóbulos vermellos de alguén deste grupo presentan as dúas proteínas, polo que non as recoñecen como estrañas e non reaccionará contra ningunha das dúas (ante o grupo O non reacciona tampouco porque estes non teñen esas proteínas).
E o Rh?
Pero isto é só para o grupo ABO. O Rh é independente e hai que consideralo á parte, aínda que funciona de forma moi similar.
As persoas con Rh + presentan nos seus glóbulos vermellos outra proteína, que chamaremos para evitar confusións, "proteína Rh".
As persoas Rh - non teñen esa proteína (lóxico, verdade?).
Con esta proteína Rh acontece o mesmo que coas A e B, é dicir, que pode provocar unha reacción defensiva se entra no sangue dunha persoa que non a posúe.
Polo tanto, se alguén con Rh - recibe sangue Rh+, reaccionará contra ese sangue, orixinando un problema de incompatibilidade.
Ao contrario non hai problema, pois o Rh - non ten esa proteína, polo que non provocará reacción ningunha.
Así que, tendo en conta o Rh, falando con maior precisión, o doador universal será o grupo O- e o receptor universal, o AB+.
No hay comentarios:
Publicar un comentario