SLIDER

jueves, 5 de marzo de 2015

"Divulgare" ficha polo galego



Os vídeos científicos do grupo acumulan premios internacionais e se presentarán agora nun portal web propio en lingua galega.

Teñen gañado prestixio en medio mundo. Máis de 600.000 descargas, 14 premios internacionais e visitas dende 142 países avalan a calidade dos vídeos científicos elaborados polo grupo Divulgare, do Laboratorio de evolución e ecoloxía da Universidade de Vigo. 
A súa aposta pola divulgación da ciencia para poñela ao alcance de todos os públicos únese agora coa defensa do galego como vehículo para facer e para transmitir a ciencia. Desta unión xorde a iniciativa de ofrecer a versión en galego de todos os vídeos do grupo, un traballo realizado en colaboración coa Área de Normalización Lingüística ao abeiro do convenio que a Universidade de Vigo asina anualmente coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de política lingüística para amosar que “en galego tamén se pode facer ciencia”. 
Este venres tivo lugar a presentación pública das pezas audiovisuais, un total de 20, nun acto que contou coa presenza do reitor da Universidade, Salustiano Mato; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García e os profesoresLuís Navarro e José María Sánchez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario