SLIDER

miércoles, 4 de marzo de 2015

As fallas de Galicia xa teñen data: 308 millóns de anos


A finais do Devónico e ao longo do Carbonífero, o solo de Galicia revirouse para formar as súas principais montañas. Os grandes continentes primitivos, como Euramérica e Gondwana, uníronse para formar Panxea, o continente único que máis tarde se separaría para debuxar o mapa do mundo actual.

Agora, un estudo internacional datou as fallas do terreo en Galicia e todo o Oeste da península Ibérica. E a data encaixa co momento en que se creou o principal da orografía galega. A cifra é moi exacta: hai 308 millóns de anos.

Cun sofisticado sistema de isótopos, os científicos dataron as fallas coruñesas de Punta Langosteira e de Malpica de Bergantiños
Ambas as dúas formáronse hai pouco máis de 300 millóns de anos, cando aparecen en terra firme os primeiros réptiles e a paisaxe vexetal está formada por grandes árbores como o lepidodendron, de máis de 40 metros de altura...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario