SLIDER

sábado, 19 de septiembre de 2015

A Célula Eucariota

A célula defínese como a unidade mínima dun organismo capaz de actuar de xeito autónomo. Todos os organismos vivos están formados por células, e en xeral acéptase que ningún organismo é un ser vivo si non consta polo menos dunha célula. 

Algúns organismos microscópicos, como bacterias e protozoos, son células únicas, mentres que os animais e plantas están formados por moitos millóns de células organizadas en tecidos e órganos. Aínda que os virus e os extractos acelulares realizan moitas das funcións propias da célula viva, carecen de vida independente, capacidade de crecemento e reprodución propios das células e, xa que logo, non se consideran seres vivos. 

A bioloxía estuda as células en función da súa constitución molecular e a forma en que cooperan entre si para constituír organismos moi complexos, como o ser humano. Para poder comprender como funciona o corpo humano san, como se desenvolve e envellece e que falla en caso de enfermidade, é imprescindible coñecer as células que o constitúen.


No hay comentarios:

Publicar un comentario