Un exemplar mestre de escola, José Sánchez García, legounos un pequeno milagre: o mirabel.
Este froito emparentado coa ameixa segue a ser unha rareza en toda a Península Ibérica. A súa produción restrínxese a Galicia, concretamente ao Baixo Miño. É moi popular nas rexións fronteirizas entre Alemaña e Francia. E ten a consideración dunha auténtica delicatessen no mundo das froitas. Pero aquí aínda sería un perfecto descoñecido se non fose polo traballo dun profesor que rematou fundando unha marca de calidade lendaria: A Rosaleira
Cando, en 1936, chegan ás mans de José Sánchez as dúas primeiras plantas de mirabel, o noso protagonista é xa un experto en horticultura. Era natural de Soria, moi preto da localidade rioxana de Calahorra, famosa polas súas conservas vexetais. E vivía no Rosal, onde tiña a súa praza como profesor na escola de Fornelos. Alí, en 1922, Sánchez decidiu incorporar a agricultura como materia académica. Nesa época, os estudos agrícolas están moi de moda. Abonda dicir que, un ano antes, en 1921, viña de fundarse a Misión Biolóxica de Galicia, hoxe pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Sánchez iniciou o cultivo do mirabel, no Rosal, unha zona lindante co Miño á que sempre se atribuíu un microclima. Aquela planta, que só se daba na rexión francesa de Lorena, arraigou con forza. E o propio profesor decidiu meterse a empresario.

No hay comentarios:
Publicar un comentario