lunes, 28 de septiembre de 2015
Impresionantes imaxes dos microbios que nos rodean
Esta imaxe é da microbiota oral, é dicir, a colección de microbios que habitan na boca humana.
Non podes velos, pero están aquí. Nas túas mans, na túa boca, no teu estómago... E tamén lle dan forma a todo o que che rodea: os cheiros que percibes, os sabores que notas, como che enfermas...
Desde hai exactamente un ano, o fascinante mundo dos microbios ten un fogar onde exhibirse: o museo Micropia, en Amsterdam, Holanda, o primeiro do mundo dedicado especificamente a estes microorganismos.
Microbio é un nome xenérico co que se designa a calquera organismo vivo só visible ao microscopio.
Pica na foto para ver algunhas das impresionantes imaxes deste universo paralelo e invisible, do que non podes escapar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario