SLIDER

miércoles, 2 de septiembre de 2015

Científicos españois descobren como fabricar células nai con maior seguridade



O Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) a través do seu Grupo de Inestabilidade Genómica, encabezado por Óscar Fernández-Capetillo publicou un artigo esta semana en «Nature Communications», no que desvelou por que no proceso de transformación de células diferenciadas a células nai se producen importantes danos no ADN. O que relacionaron con danos nogenóma deste tipo de células - coñecidas pola súa siglas en inglés, iPS- que teñen lugar polo estrés replicativo por un incremento no seu ritmo de división durante este proceso de reprogramación celular.

En concreto, a técnica de transformación de células diferenciadas a células nai xurdiu en 2006 cando o xaponés Shinya Yamanaka logrou por primeira vez xerar en laboratorio células naipluripotentes, que se podía converter en calquera tipo de células (cardiomiocitos, beta produtoras de insulina, etc...) a partir de células adultas e que foron bautizadas en inglés como iPS. Esta técnica de reprogramación evitaba ter que destruír embrións para obter células nai pluripotentes.

Óscar Fernández-Capetillo, xefe do Grupo de InestabilidadeGenómica del Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas(CNIO) e un dos principais responsables deste traballo, engadiu que «a trastenda desta nova tecnoloxía é que o método de Yamanakaxera dano no xenoma das células nai, o que espertou algunha dúbida sobre a seguridade destas células,». Algo que xa era coñecido, os danos no ADN das iPS, aínda que ata agora se descoñecían as razóns.

Precisamente isto é o que describiu o equipo de Fernández -Capetillo no artigo publicado en «Nature Communications». en concreto, engadiron que a orixe deste problema no genóma das células iPS se localizaría nun tipo de estrés moi específico, o estrésreplicativo. Un fenómeno que se produce cando as células incrementan o seu ritmo de división. Ao respecto, os autores do estudo desenvolveron estratexias para reducir este tipo de estrés e lograr células pluripotentes máis fortes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario