SLIDER

viernes, 25 de septiembre de 2015

Eclipse total de Lúa en setembro


Na noite do domingo 27 de setembro e parte da madrugada do 28 de setembro teremos ocasión de gozar unha nova eclipse total de Lúa que, ademais, será o último deste 2015 e que poñerá fin ao ciclo de lúas vermellas ou lúas de sangue, como se coñece popularmente.

O ciclo de lúas vermellas, un evento que non ocorría desde facía 10 anos, comezou o 15 de abril de 2014; a segunda lúa vermella tivo lugar o 8 de outubro de 2014; a terceira, o 4 de abril de 2015 e a última, a que esperamos observar o 28 de setembro, culminando as catro lúas de sangue.

A NASA creou unha animación na súa páxina web (PICA AQUÍ) para que contemos con datos ao detalle da que horas e de que forma veranse todas as etapas desta peculiar eclipse lunar total no que o noso satélite tínguese dunha cor avermellada debida á refracción dos raios solares na atmosfera da Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario