domingo, 6 de septiembre de 2015
O veleno dunha avespa brasileira, un inesperado aliado contra o cancro
Unha toxina no veleno da Polybia paulista, «MP1», mata selectivamente as células cancerosas grazas á distribución irregular dos lípidos nas membranas das células canceríxenas.
A esta conclusión é á que chegou un estudo publicado en «Biophysical Journal», que revela exactamente como a toxina do veleno -chamada MP1 (Polybia-MP1)- mata selectivamente as células cancerosas sen danar as células normais. O «MP1» interactuar cos lípidos que se distribúen de forma anormal na superficie das células cancerosas, creando buratos que permiten que as moléculas cruciais para a función celular se filtren.
En palabras dun dos coautores da investigación, o profesor da Universidade de Leeds, Paul Beales, «as terapias para o cancro que atacan a composición lipídica da membrana celular poderían ser unha nova clase de medicamentos contra o cancro». «Isto podería ser útil no desenvolvemento de novas terapias de combinación, onde se utilicen múltiples fármacos simultáneamente para tratar un cancro atacando diferentes partes das células cancerosas ao mesmo tempo», engade este experto.
MP1 actúa contra patóxenos microbianos mediante a alteración da membrana celular bacteriana. Casualmente, os péptidos antimicrobianos móstranse prometedores como protectores humanos fronte ao cancro, xa que poden inhibir o crecemento de células de cancro de próstata e de vexiga, así como células leucémicas resistentes a múltiples fármacos. Non obstante, ata agora, non estaba claro como MP1 destruía selectivamente as células cancerosas sen danar as células normais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario