Así era ata hai moi pouco a ovella australiana bautizada cariñosamente Chris, encontrada esta semana despois de estar durante anos extraviada no monte.
Tal foi a cantidade de la que lle quitaron este xoves ao rapala-uns 40 quilos- que o operativo bateu o récord de cantidade de la rapada dunha soa vez.
O carneiro -de raza meiriño- foi encontrado por un grupo de camiñantes a varios quilómetros dunha granxa nos arredores de Canberra, no sueste de Australia.
O seu tamaño era catro ou cinco veces superior ao das ovellas normais. Estiman que podería ter uns seis anos e que nunca foi rapada.
Como ao parecer o animal non estivera en contacto con seres humanos por bastante tempo, as autoridades chamaron un experto para quitarlle a la.
Non rapala significa un risco para o animal: se non se lles corta o pelo con frecuencia, pode desenvolver enfermidades graves.
No hay comentarios:
Publicar un comentario