SLIDER

lunes, 7 de septiembre de 2015

O planeta ten máis de 3 billóns de árbores


A Terra alberga máis de 3 billóns de árbores, ao redor de oito veces máis que os datos que botaban algunhas estimacións anteriores. Esta é a conclusión dun estudo internacional liderado pola Universidade de Yale (Estados Unidos). Segundo detalla a revista «Nature», os investigadores usaron imaxes de satélite, inventarios forestais e tecnoloxías de supercomputación para coñecer o número e a densidade de árbores do planeta.

Non obstante, o número total de árbores descendeu en aproximadamente un 46% dende o comezo da civilización humana. O estudo estima que o número bruto de árbores perdidas cada ano é de 15.000 millóns, sendo a taxa de perda máis alta nas rexións tropicais.

Os números que se barallaban ata agora referíanse a pouco máis de 400.000 millóns de árbores en todo o mundo ou ao redor de 61 árbores por cada persoa na Terra. Esa estimación baseábase en imaxes de satélite e estimacións de superficie forestal, sen incluír ningunha información dende o chan. As novas estimacións xeráronse a partir dunha combinación de métodos para revelar que hai 3 billóns de árbores, aproximadamente 422 árbores por persoa.

As maiores densidades de árbores encóntranse nos bosques boreais das rexións subárticas de Rusia, Escandinavia e América do Norte.

En España, o Centro de Investigación Ecolóxica e Aplicacións Forestais (CREAF) da Autónoma de Barcelona realizou unha análise dos inventarios españois para saber cal é a cantidade de árbores no noso país. E hai case 7.000 millóns de árbores. 
A rexión con máis árbores é Castela e León, con 1.210 millóns de árbores, seguida por Cataluña, con 1.035 millóns.

A aciñeira é a especie que predomina en todo o territorio español cun 19,12% das árbores totais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario