Estas evidencias inclúen a maneira en que parecen encaixar as formas dos continentes a cada lado do Océano Atlántico, como por exemplo África e Sudamérica (inda que Benxamín Franklin e outros xa se decataran do mesmo feito anteriormente).
O parecido da fauna fósil dos continentes setentrionais e cómo algunhas formacións xeolóxicas continúan en continentes separados por océanos.
Wegener tamén maxinou que o conxunto dos continentes actuais estiveron unidos, no pasado remoto da Terra, formando un supercontinente denominado Panxea.
Wegener tamén maxinou que o conxunto dos continentes actuais estiveron unidos, no pasado remoto da Terra, formando un supercontinente denominado Panxea.
O concepto foi inicialmente descartado pola maioría dos seus colegas, xa que a súa teoría carecía dun mecanismo para explicar a deriva dos continentes. Na súa tese orixinal propuxo que os continentes se desprazaban sobre o manto da Terra da mesma maneira que un despraza unha alfombra sobre o piso dunha habitación, o cal é por completo irrazoable. A forza de fricción á escala dos continentes faino imposible.
A idea de deriva continental non foi aceptada como teoría seria en Europa ata os anos 50. Durante a década seguinte as investigacións de Robert Dietz, Bruce Heezen, Harry Hess e Maurice Ewing conduciron á súa aceptación final.
A teoría da Deriva Continental forma parte do concepto de tectónica de placas. O fenómeno sucede desde hai centos de millóns de anos grazas á convección naastenosfera o que fai que a litosfera sexa desprazada pasivamente por estas correntes de convección.

No hay comentarios:
Publicar un comentario