SLIDER

viernes, 4 de septiembre de 2015

Así naceu o primeiro mapa do tempo de Galicia


Eduardo Chao, ourensán residente toda a vida en Vigo, é un deses personaxes capitais na historia de Galicia e que brillou en ámbitos diferentes. 
Nacido en Ribadavia en 1822, e falecido en Madrid en 1887, foi xeólogo, naturalista, xornalista, historiador e político do Partido Demócrata. Na I República, chegou a ser ministro de Fomento, no goberno de Nicolás Salmerón. E, nos últimos anos da súa vida, engadiu unha nova actividade ao seu currículo: meteorológo. 
Ao punto de converterse no primeiro galego que trazou un mapa do tempo con isóbaras, máis dun século antes da aparición de Meteogalicia e de que Santiago Pemán fixera carreira na pouco científica pero moi popular categoría de “home do tempo”.

En 1880, Eduardo Chao instala no tellado da casa do concello de Vigo, na praza da Constitución, o seu observatorio meteorolóxico. Conta con pluviómetro, barómetro e anemómetro. Ademais das medicións propias, un sistema de sinais permitía aos cidadáns ter unha mínima previsión meteorolóxica. A través duns triángulos, cadrados e esferas, os vigueses podían saber se viña vento do sur, cargado de chuvias, ou do Norte, con aire limpo. Ou se estaban á porta altas presións, anunciando o sol. O dispositivo contaba tamén cun reloxo de bóla, semellante ó da Porta do Sol de Madrid. Non había uvas en fin de ano, pero os vigueses poñían alí os seus reloxos en hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario