SLIDER

miércoles, 27 de enero de 2016

A galiña de Mos, unha raíña da calidade


A raza Galiña de Mos ofrece produtos de maior calidade nutritiva e organoléptica fronte ás estirpes industriais, aínda que de menores crecementos, segundo conclúe o veterinario lugués Diego Rois Losadana tese de doutoramento que vén de presentar na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo baixo o título ‘Caracterización da raza Galiña de Mos’.

“A raza Galiña de Mós supón un cambio de cantidade por calidade”, sinala Diego Rois na súa investigación de doutoramento, un traballo desenvolvido baixo a dirección dos profesores da área de Cirurxía e Medicina Animal do Departamento de Patoloxía Animal da USC José Luis Benedito Castellote e Marta López Alonso.

As carnes da raza Galiña de Mos son moi nutritivas, zumarentas, tenras, pouco fibrosas, cunha cor máis intensa e boa intensidade de olor, salienta este investigador, quen precisa que se trata de carnes con pouca graxa, que ademais é de alta calidade e moi saudable, dado que presentan unha alta proporción de ácidos graxos poliinsaturados, deomega 6 e de omega 3.

No hay comentarios:

Publicar un comentario