SLIDER

martes, 19 de enero de 2016

Explicación teórica da Meiosis

A meiosis é a división celular que permite a reprodución sexual. Comprende dúas divisións sucesivas: unha primeira división meiótica, que é unha división reduccional, xa que dunha célula nai diploide (2n) obtéñense dúas células fillas haploides (n); e unha segunda división meiótica, que é unha división ecuacional, xa que as células fillas teñen o mesmo número de cromosomas que a célula nai (como a división mitótica). 
Así, dúas células n da primeira división meiótica obtense catro células n. Igual que na mitosis, antes da primeira división meiótica hai un período de interfase no que se duplica o ADN. Con todo, na interfase da segunda división meiótica non hai duplicación do ADN.



No hay comentarios:

Publicar un comentario