SLIDER

lunes, 25 de enero de 2016

Atopan na India unha ra que se cría extinta desde 1870


Un grupo de científicos liderados polo biólogo indio Sathyabhama Dás Biju atopou unha especie de ra arbórea que foi descuberta por primeira e única vez en 1870, polo que se cría extinta. 
O achado tivo lugar en Meghalaya, un estado ao nordés de India. "Este é un descubrimento emocionante, pero iso non significa que as ras estean seguras", afirmou a AP o científico da Universidade de Delhi, cuxo equipo atopou as ras por accidente mentres buscaba outros anfibios nunha investigación que empezou en 2007 en catro estados do nordés do país. Unha noite, lembra Biju, "escoitamos unha orquestra musical vindo das copas das árbores. Foi máxico. Por suposto, tiñamos que investigalo".

Pero por que non se viron en todo este tempo? O zoólogo indio cre que se debe ao estilo de vida destes anfibios que habitan escondidos en altas árbores, non en arbustos a niveis de chan. Outros expertos sinalan que probablemente se deba a que poucos científicos investigan esa rexión tan remota. "Non me sorprendería en absoluto se se descubrisen novas especies", dixo James Hanken, director do Museo de Zooloxía Comparada da Universidade de Harvard, citado por National Geographic.


No hay comentarios:

Publicar un comentario