SLIDER

viernes, 1 de enero de 2016

O software galego que empregan Bayer, Harvard e o Pentágono


Mestrelab naceu como unha spin-off dun departamento universitario e pouco máis de 10 anos despois é unha empresa con clientes en máis de 70 países, algúns tan distinguidos como a Universidade de Harvard, o Pentágono ou o xigante farmacéutico Bayer. 
A súa historia de éxito, da que forman hoxe parte 30 traballadores, é a do software de resonancia magnética nuclear (RMN), unha técnica que ten os mesmos principios que a resonancia usada nos hospitais para detectar enfermidades ou lesións, pero aplicada neste caso para definir a estrutura de moléculas e biomoléculas. “É a técnica analítica máis poderosa e versátil usada practicamente en todos os campos das ciencias puras e aplicadas, incluíndo a investigación química, a ciencia dos materiais, o deseño defármacos ou a investigación biomédica”, aclara Carlos Cobas, presidente da empresa e o antigo doctorando da Universidade de Santiago de cuxa tese xurdiu a firma que hoxe é o Mestrelab.

A internacionalización de Mestrelab non é, nin moito menos, unha casualidade. Ese foi o seu espírito desde a creación da spin-off en 2004 polo propio Carlos Cobas xunto a Javier Sardina, profesor da Universidade de Santiago e encargado do procesado, análise e simulación de espectros de RMN de alta resolución, e Santiago Domínguez, o terceiro dos fundadores, xa con experiencia internacional na industria química.

No hay comentarios:

Publicar un comentario