SLIDER

viernes, 29 de enero de 2016

Achan, por primeira vez, a forma de teletransportar un organismo vivo


Nunca ata agora estiveramos tan preto de Star Trek e o impresionante teletransportador que permitía á tripulación da nave Enterprise desmaterializarse nun punto e reaparecer instantaneamente noutro. 
Un equipo mixto de investigadores das Universidades de Purdue, en Estados Unidos, e Tsinghua, en China, elaborou, en efecto, o primeiro esquema realizado ata agora para teletransportar o estado cuántico interno (a memoria) dun microorganismo vivo a outro. A investigación constitúe un espectacular avance no camiño, hoxe propio da ciencia ficción, do teletransporte de seres viventes completos.

O esquema proposto por Tongcan Li e Zhang-qi Yin prevé o uso de osciladores electromecánicos e circuítos superconductores para lograr o seu ambicioso obxectivo. Nun artigo publicado en Science Bulletin, os investigadores propoñen tamén un esquema para crear un estado de "Gato de Schrödinger" no que un microorganismo pode estar en dous lugares ao mesmo tempo.

No seu estudo, Tongcang Li e Zhang-qi Yin propoñen colocar unha bacteria sobre un oscilador electromecánico integrado nun circuíto superconductor para conseguir un estado cuántico de superposición no organismo e teletransportar despois ese estado. En principio, o microorganismo é moito máis pequeno que a membrana do oscilador e non debería, por tanto, afectar o seu funcionamento. 
A bacteria, xunto á membrana, serían levados a un estado cuántico. Despois do cal, ese estado poderíase teletransportar ata outro organismo distante por medio de circuítos superconductores de microondas. 
Dado que os estados internos do organismo conteñen información, a proposta dos investigadores supón, en realidade, un esquema para teletransportar esa información, ou memoria, dun organismo vivo a outro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario