SLIDER

sábado, 9 de enero de 2016

A incrible lingua do camaleón

A proxección balística da lingua do Rhampholeon spinosus, un camaleón diminuto pero «matón» que vive en Tanzania, ten unha aceleración máxima 264 veces maior que a da gravidade. En termos de automoción, a lingua pode ir de 0 a 96 km por hora nunha centésima de segundo. E iso que esta criatura só necesita uns 20 milisegundos para atrapar un grilo.



O segredo dos camaleones é que non só utilizan a forza muscular espontánea para lanzar as súas linguas, senón que precargan a enerxía necesaria nos tecidos elásticos da súa lingua. O retroceso dos tecidos aumenta en gran medida o que o músculo por si só pode facer sobre a marcha para, por exemplo, atrapar unha mosca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario