Un equipo de astrónomos do Instituto de Tecnoloxía de Massachussets (MIT), e as universidades de Florida e Missouri, detectaron un enorme e desmadejado cúmulo de galaxias que se formou "só" 3.800 millóns de anos despois do Big Bang. Atópase a 10.000 millóns de anos luz da Terra e alberga miles de galaxias individuais. Esta xigantesca estrutura ten preto de 250 billóns de veces a masa do Sol e é 1.000 veces máis masiva que a Vía Láctea, nosa propia galaxia.
O cúmulo, chamado IDCS J1426.5+3508 (para abreviar, IDCS 1426) é a maior agrupación de galaxias xamais descuberta nos primeiros 4.000 millóns de anos tras o Big Bang. Estes resultados foron presentados na 227 reunión da Sociedade Astronómica Americana que se celebra en Kissimmee, Florida, e publicaranse proximamente en The Astrophysical Journal.
IDCS 1426 parece estar a experimentar unha gran axitación. Os investigadores, en efecto, observaron un brillante nó de raios X, moi preto do centro do cúmulo, o que indica que o núcleo podería desprazarse algúns centos de miles de anos luz do seu centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario