SLIDER

lunes, 4 de enero de 2016

Identificado o elemento número 113 da táboa periódica


O elemento número 113 da táboa periódica, de carácter sintético e co nome provisional de «Uruntrio», foi identificado por un equipo de investigadores do centro nipón Riken. 
Nun comunicado, esta institución nipoa adxudicouse o descubrimento do novo elemento, cuxo achado tamén se atribuíu un grupo conxunto de investigadores rusos e estadounidenses. 
Os resultados desta investigación serán publicados na edición de xaneiro do «Diario da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC)», a máxima autoridade neste campo.

Se a IUPAC confirmase que o equipo nipón foi o autor dos experimentos decisivos para o achado, este terá o dereito de dar o nome oficial ao novo elemento da táboa periódica.

O novo elemento sintético conta con 113 protones no seu núcleo, e foi identificado por un equipo liderado polo científico nipón Kosuke Morita, da Universidade de Kyushu (sur de Xapón).

Morita logrou sintetizar o elemento en tres ocasiones a través dun método consistente en facer chocar iones de zinc sobre unha capa ultrafina de Bismuto: «Agora que demostramos de forma concluínte a existencia do elemento 113, planeamos seguir investigando o territorio inexplorado do elemento 119 e máis aló», afirmou.

«Algún día, esperamos chegar á illa dos elementos estables», engadiu o investigador nipón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario