SLIDER

jueves, 28 de enero de 2016

Unha máquina de Google vence ao ser humano en estratexia




Ao xenial Marvin Minsky, pai da Intelixencia Artificial, falecido hai poucos días, encantoulle ler esta noticia nos xornais. 

Un programa informático desenvolvido pola compañía británica Google DeepMind conseguiu vencer, por primeira vez, a un campión profesional dun milenario xogo de orixe oriental chamada Go, unha proba de estratexia na que os xogadores deben conquistar o maior territorio posible situando unhas pedras brancas e negras sobre un taboleiro. 



O desafío parece sinxelo, pero esconde unha gran complexidade -os afeccionados ao Go din que é máis sofisticado que o xadrez-, especialmente para unha máquina, debido ao gran espazo de procura e á dificultade de avaliar as posicións e movementos. O achado, que aparece publicado na revista científica «Nature», non se esperaba conseguir nunha década.

No Go, dous xogadores colocan alternativamente pezas en branco e negro sobre unha cuadrícula (19x19 ou 13x13 interseccións) co obxectivo de rodear ao inimigo e ocupar máis territorio que o opoñente ao final da partida. 
As regras son sinxelas, pero as posibilidades de xogo múltiples, xa que dependen da creatividade, a intelixencia, a experiencia e o estilo do xogador. 
Ata agora, os máis exitosos programas de computador desenvolvidos para este xogo chegaban a un nivel de afeccionado e non eran capaces de derrotar a un xogador profesional humano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario