Dende o blog gustaríame recomendarvos un libro de temática científica:
O libro está dirixido á xente nova, en particular aos nenos, aínda que sería absurdo clasificalo como un libro para nenos. E faino de xeito moi lúdico.
É, non hai que dubidalo, un Richard Dawkins sorprendente, lonxe do debatiente duro e militante. A maxia da que nos fala é poética, é a maxia encontrada no mundo das ideas e os coñecementos. Con moita paixón vainos narrando a historia da ciencia a través de ir respondendo as preguntas fundamentais.
Non é un libro para especialistas, con información dura e ruda e se unha guía para namorarse e apaixonarse coa comprensión do mundo a través da ciencia. Cun estilo moi alcanzable, cheo de anécdotas, exemplos e ilustrado de xeito moi fermoso.
É unha historia fascinante, escrita de xeito emotivo e moi fluída, para lectores de todas as idades. Creo que Dawkins acertou ao deixarnos ver este lado seu e creo que o seu libro se converterá nun clásico.
Richard Dawkins, La magia de la realidad. Pequena historia da ciencia (2011) Editorial Espasa, Barcelona. Colección Espasa xuvenil.
ISBN: 978-84-670-3873-6256.
No hay comentarios:
Publicar un comentario