A sonda Messenger da NASA chegou a Mercurio en marzo de 2011 tras unha viaxe de sete anos e case 8.000 millóns de quilómetros, converténdose no primeiro artefacto humano en orbitar o planeta máis próximo ao Sol do noso sistema.
Dende entón, os seus instrumentos realizaron detallados mapas da superficie deste mundo misterioso, estudaron a súa composición, o seu campo magnético e a súa case inexistente atmosfera, arrancando os segredos do planeta. Agora, chegoulle o seu final. A axencia espacial americana anunciou que a nave se estrelará contra a superficie de Mercurio o próximo 30 de abril a 12.000 quilómetros por hora tras esgotar o seu propulsor e cumprir a súa misión científica.
A Messenger caerá no lado do planeta afastado da Terra, polo que os enxeñeiros non serán capaces de ver en tempo real a situación exacta do impacto.
Aínda que Mercurio é un dos veciños planetarios máis próximos da Terra, o planeta era un misterio case absoulto antes da chegada da misión Messenger. «Por primeira vez na historia, temos un coñecemento real do planeta, que mostra que é un mundo fascinante», apunta John Grunsfeld, administrador asociado do Directorio de Misións Científicas da NASA en Washington.

No hay comentarios:
Publicar un comentario