SLIDER

sábado, 4 de abril de 2015

Premio no Mobile World Congress para enxeñería aeroespacial de Vigo


Nun equipo no que Pau Argelaguet puxo a idea e Elizabeth Lee as técnicas de negocio, Franco Pérez encargouse, en colaboración en remoto cos tamén enxeñeiros da Agrupación Aeroespacial da Universidade Aaron Narcellas, Bibiano Fernández-Arruti, Xabi Crespo e Diego Hurtado,de dar forma á parte técnica de Wej Circle, un sistema que permite compartir música entre varios usuarios mediante o emprego dun algoritmo. Con “este sistema hardware, que tamén ten un parte de App”, explica Pérez, o equipo recibiu no transcurso do Barcelona Mobile World Congress un galardón da Dirección de Innovación do Ajuntament de Barcelona, que o acredita como o mellor prototipo.

Sen tempo para descansar, Franco Pérez reincorporábase hoxe ao traballo coaAgrupación Aeroespacial que dirixe o profesor Fernando Aguado. “Despois desta experiencia teño claro que me gustaría empezar a traballar nun proxecto propio, porque cando a iniciativa é túa non importan as horas sen durmir”, explica, ao tempo que recoñece, que aínda física e mentalmente comprobou que estaba preparado para enfrontar unha experiencia como o Imagine Express, “no apartado técnico en moitas ocasión sentinme sobrepasado, polo que foi fundamental o traballo en remoto cos compañeiros que estaban en Vigo”. Coa vista posta no futuro o enxeñeiro non esquece a importancia dos contactos realizados no transcurso do Imagine Express, así como o recoñecemento do seu organizador, Xavier Verdaguer, polo traballo desenvolvido polo equipo da Universidade de Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario