SLIDER

sábado, 11 de abril de 2015

O clima de España parecerase ao do norte de África en 2050


En Europa o ritmo do quentamento estivo 0,2º C por enriba da media mundial. A década de 2002 a 2011 foi a máis cálida rexistrada e no que levamos de século XXI, rexistráronse os 13 anos máis cálidos dende que se teñen datos.

En España, o panorama empeora: a temperatura media española aumenta máis do 0,5º C cada década dende principios do século XX. A isto engádese unha diminución das precipitacións dende 1950.

"Cun aumento de temperatura de 2º C o sur de Europa tería un clima parecido ao norte de África e o norte de Europa tería un clima similar ao que agora ten o sur de Europa", explicou Jonathan Gómez Cantero, xeógrafo e climatólogo, responsable do informe Cambio climático en Europa 1950-2050. Percepción e impactos, presentado esta mañá en Madrid.

O cumio climático COP21, que se celebrará en París en decembro de 2015, marcará a axenda dos medios de comunicación nos próximos meses e supón unha nova oportunidade para gobernos e cidadanías de afrontar un problema que afecta a todos.

Neste sentido, as datas escollidas para o título do informe non son casualidade. "Dende 1950 ata 2015 realizouse unha perspectiva sobre os impactos do home no clima. A partir de 2015 ata 2050 -ano elixido nas negociacións climáticas internacionais para alcanzar un mundo descarbonizado- formúlase unha prospectiva sobre as posibles consecuencias", indicou Florent Marcellesi, voceiro deEQUO do parlamento Europeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario