SLIDER

martes, 14 de abril de 2015

Localizados no Prepirineo restos dun campamento de neandertales


Restos líticos e ósos de animais do Plistoceno, de hai 200.000 anos, achados ante a entrada da Cova de lles Llenes, no municipio de Conca de Dalt (Lleida), no Prepirineo, evidencian a existencia dun campamento de neandertales que acudían á zona para cazar.

No lugar, ademais de instrumentos de pedra que usaban osneandertales, foron achados restos de ósos de osos, lobos,megaloceros (unha especie de cervo xigante extinguida), raposos ou rinocerontes.

Unha vintena de investigadores do Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social (IPHES) e da Universidade Rovira Virgili (URV) de Tarragona finalizarán a segunda campaña de escavación nesta cova, onde, segundo o IPHES, obtiveron "resultados moi positivos para entender a dinámica da poboación neandertal neste territorio hai 200.000 anos".

Segundo o IPHES, os traballos que se efectuaron na Cova das Llenes permitirán contextualizar outros depósitos que se localizaron na mesma zona e que polas súas características non permitiron conservar elementos da fauna.

Está previsto continuar os traballos non só nesta cova, senón noutras cavidades do desfiladeiro de Erinyà para levar a cabo un proxecto territorial que permita estudar o comportamento neandertal en todo este territorio e as relacións destes homínidos cos grandes carnívoros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario