SLIDER

domingo, 26 de abril de 2015

Canarias loita por controlar a vertedura de fuel do pesqueiro ruso


Un robot segue intentando selar o casco do "Oleg Naydenov" para rematar coas tres fugas polas que escapa combustible do pesqueiro. O vento que sopra na zona pode facer que "siga aflorando o combustible" afirma o profesor de Contaminación Mariña, Jesús Cisneros.

Efectivos dos gobernos central e canario continuaron dende primeira hora desta mañá os labores de control e loita contra a contaminación derivada da vertedura de fuel do pesqueiro ruso afundido en augas próximas a Gran Canaria, confirmaron a Efefontes do 112.

Coordinado por un posto de mando avanzado instalado en Mogán, ao sueste de Gran Canaria, ao ser a costa deste municipio onde primeiro se detectaron manchas do fuel supostamente vertido polo buque e arrastrado polas correntes, este operativo inclúe persoal de terra e medios aéreos e marítimos, expuxeron dende o 112, o Centro Coordinador de Emerxencias e Seguridade rexional.

Se ben matizaron que aínda non están activados todos os medios que en días anteriores se destinaron ao seguimento da evolución da vertedura, como un helicóptero do Grupo de Emerxencias e Salvamento do Goberno Autónomo que se incorporará ás tarefas ao longo da xornada.

No litoral de Mogán encóntranse xa os barcos de Salvamento Marítimo que ata agora estiveran a vixiar a zona en que se afundiu o "Oleg Naydenov", a 15 millas da costa sur de Gran Canaria, informou a Efe o activista de Greenpeace Luis Ferreirim, desprazado ao lugar xunto a outros membros da organización ecoloxista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario