Os alumnos de 900 centros escolares participan dende este luns e ata o 31 de maio nas probas da OCDE.
Por primeira vez, todas as rexións terán unha mostra ampliada para dispoñer de resultados autonómicos relevantes.
Outra novidade é que os alumnos realizarán os test co ordenador.
En torno a 40.000 alumnos de 900 centros escolares participan entre este luns e o 31 de maio na Avaliación Internacional de Estudantes PISA de 2015, segundo a convocatoria de cada comunidade.
Por vez primeira, todas as rexións terán unha mostra ampliada de alumnos nas probas para dispoñer de resultados autonómicos relevantes, á parte dos nacionais.
Este ano darase prioridade á competencia científica e, ademais, comprobarase a capacidade para resolver problemas en equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario