O terremoto de Nepal, dunha forza de 7,8 graos na escala Richter, é xa o máis mortal dende o tremor en Haití en 2010.
Polo menos 1.130 persoas morreron este sábado na capital, Katmandu, e outras zonas do país, segundo un novo balance oficial de vítimas confirmado polo Ministerio do Interior. O número de feridos é de máis de 1.700.
Máis da metade dos mortos son do val do Katmandu. O epicentro situouse a 50 quilómetros ao leste da capital. As comunicacións están colapsadas e fan temer unha catástrofe humanitaria nun país con 28 millóns de habitantes. É o peor sismo en Nepal dende 1934, cando morreron 8.500 persoas.
A forte sacudida deixouse sentir tamén nos veciños Paquistán e, especialmente, na India, mesmo chegou a notarse na capital Nova Delhi. O Ministerio do Interior indio confirmou a morte de polo menos 36 persoas no norte do país. En China, 12, sobre todo na zona do Tibet. E catro en Bangla Desh.
O tremor orixinou avalanchas nas cordilleiras do país montañoso. Un alude sepultou parte do campo base do Everest, onde agardaban máis dun millar de montañeiros o comezo da tempada. Polo menos dez persoas perderon a vida. O balance inclúe alpinistas estranxeiros, aínda que non hai ningún español. Os dous españois que se encontraban alí resultaron ilesos.
Calcúlase que hai preto de 300.000 turistas en todo o país, atraídos pola tempada de alpinismo. As autoridades están desbordadas polas chamadas de amigos e familiares.
A derruba de edificios foi xeneralizada en Nepal, especialmente en Katmandu. Os corpos quedaron atrapados entre os entullos, sobre todo no casco histórico. Unha das principais atraccións turísticas da capital nepalés, a Torre Bhimsen ou Dharahara, erixida no século XIX, quedou demolida ata os alicerces.
A proximidade do epicentro con varias cidades nepalíes comoLamjung (a 35 quilómetros), Pokhara (a 75 quilómetros) ou Katmandu (a 77 quilómetros) resultou mortal. A cifra de vítimas non para de aumentar con cada comparecencia das autoridades.

No hay comentarios:
Publicar un comentario