SLIDER

jueves, 30 de abril de 2015

Novo combustible ecolóxico feito de CO2, auga e nitróxeno


Audi anunciou que comezou a produción de combustible diesel sintético feito con auga, dióxido de carbono e hidróxeno
Un produto ecolóxico que supón un grande avance na busca de enerxías alternativas para frear o cambio climático e o uso de combustibles fósiles. 
O combustible, que recibe o nome de e-diesel e que está creado polo fabricante de automóbiles e a empresa de enerxía Sunfire, está a ser producido nunha planta situada en Dresden (Alemaña) e é o resultado de mesturar auga, CO2 e electricidade obtida de enerxías renovables como a solar, éolica ou hidroeléctrica. Parte do dióxido de carbono empregado obtense do aire polo que aseguran cumprir coa sostibilidade ambiental. 
Audi publicou un diagrama no que se mostran os pasos para producir o combustible. En liñas xerais, pódese ver como no primeiro se quenta a auga para xerar vapor para que sexa posible a división entre hidróxeno e osíxeno por medio de electrólise a alta temperatura. 
Este proceso implica alcanzar ata 800 graos celsius. Nos dous pasos seguintes o hidróxeno reacciona co CO2 en reactores de síntese. De novo, baixo presión e a altas temperaturas. E obtense unha produción de reacción que é un líquido que xorde a partir de compostos de hidrocarburos e recibe o nome de azul cru. Mentres que nas dúas fases anteriores tiña lugar a electrólise e a conversión, o último paso é o de tratamento, onde ten lugar o proceso de refinación. 
Para coñecer máis a fondo o proceso de produción, Audi publicou un video onde o explica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario